Oportunidades para emprender no sector turístico

Dende 14 de outubro, 2026 - Ata 14 de outubro, 2026

Un encontro para coñecer as oportunidades de negocio que ofrece o turismo no Deza, descubrir un caso de éxito e compartir ideas, dúbidas e experiencias arredor do sector.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 14 de outubro I 11:00 h - 12:30 h

📍 Edificio sociocultural Manuel Rivero. R/ Manuel Rivero, 1, Lalín, Pontevedra

 

Se estás pensando en poñer en marcha un proxecto turístico, nesta xornada poderás coñecer de primeira man que recursos ofrece o territorio e que oportunidades de negocio están a xurdir no sector.

 

Durante o encontro organizado polo Polo de Silleda, responsables de Turismo de Lalín compartirán a súa visión, os recursos da comarca que poden ter potencial turístico e algunhas das tendencias e oportunidades que detectaron nos últimos anos.

 

Ademais, coñecerás un caso de éxito do sector turístico, que permitirá descubrir tanto as decisións que axudaron a sacar adiante o proxecto como as dificultades e aprendizaxes atopadas polo camiño.

 

E haberá tempo para participar: poderás formular preguntas, resolver dúbidas e intercambiar ideas sobre os retos e posibilidades de emprender neste ámbito.

 

Recursos do territorio + oportunidades de negocio + un caso real + aprendizaxes prácticas.

 

Se tes unha idea ou simplemente queres explorar novas posibilidades para emprender no sector turístico, inscríbete e ven descubrir todo o que o Deza pode ofrecer.

 

Programa: 

11:00 h - Recepción de asistentes e benvida

11:10 h - Presentación breve dos poñentes

11:15 h - Recursos turísticos para o emprendemento. Turismo de Lalín

11:35 h - A importancia da imaxe no sector turístico. Juan Carlos Asorey

12:00 h - Éxitos de emprendemento en servizos de aloxamento e restauración

12: 20 h - Rolda de preguntas con resolución de dúbidas por parte dos asistentes

12:30 h - Peche da xornada


Presencial

Información adicional

ColaboradoresTurismo de Lalín

Voltar