Dende 17 de xuño, 2026 - Ata 17 de xuño, 2026
Identifica oportunidades para crear contido dentro do teu propio negocio, xera ideas e crea unha estratexia útil e práctica para poder aplicar fácilmente nos teo día a día con esta actividade organizada polo Polo de A Fonsagrada
Categorías: Formación

🗓️ Mércores, 17 de xuño I 17:30 h - 20:00 h
📍 Sede do Polo de A Fonsagrada. R/ Marqués de Rodil, n1, A Fonsagrada, Lugo
Se tes un negocio local, es autónomo/a ou estás a lanzar un proxecto, seguro que xa o sabes: sen presenza dixital é difícil destacar… pero tamén pode parecer complicado saber que publicar e como facelo de forma constante.
Por iso o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de A Fonsagrada organiza esta formación práctica, pensada para axudarche a xerar ideas de contido de forma sinxela, ordenada e sostible, sen ter que pasar horas pensando que publicar cada día.
Traballaremos de maneira moi práctica para que poidas descubrir que contidos saen do teu propio negocio, como transformalos en publicacións útiles e como crear unha estratexia básica que che axude a atraer e fidelizar clientes sen complicarte.
Será unha sesión participativa, con exemplos reais, exercicios guiados e ferramentas moi fáciles de aplicar no teu día a día.
Apúntate e aprende a comunicar o teu negocio de forma máis clara, constante e efectiva.
Programa
17:30h - Presentación e introdución.
17:45h - Detectar contido no meo negocio
18:30h – Construir estratexia de contido
19:30h – Aterrizar a estrtexia e facela sostible
19:50h - Conclusións
20:00h – Café networking e peche da actividade
![]()