O valor das mans: artesanía e territorio

Dende 21 de novembro, 2025 - Ata 21 de novembro, 2025

Unha xornada inspiradora dedicada á artesanía sostible e ao emprendemento cultural en O Porriño, onde profesionais da artesanía locais compartirán a súa experiencia e creatividade

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Venres, 21 de novembro | 10:30 - 12:30 h

📍 Sede do Polo de O Porriño. R/ Ramiranes, 3, O Porriño, Pontevedra 

 

O valor das mans: artesanía e territorio é unha xornada organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Porriño que celebra a forza creativa da artesanía e o seu papel esencial no desenvolvemento sostible do territorio. Ao longo da mañá crearase un espazo de encontro entre persoas artesás, emprendedoras e público interesado en descubrir como a tradición e a innovación conviven no traballo manual.

 

O evento busca visibilizar proxectos locais que transforman materiais naturais en pezas únicas, promovendo un modelo de economía creativa vencellada á identidade e aos recursos da contorna. A través de conversas inspiradoras e momentos de intercambio, poñerase en valor a experiencia de quen fixo da artesanía o seu modo de vida, destacando os retos, aprendizaxes e oportunidades deste sector.

 

Unha cita para reflexionar sobre o futuro do oficio artesanal, fortalecer a comunidade creadora de O Porriño e seguir tecendo vínculos entre cultura, territorio e emprendemento.

 

🗓️ Programa da xornada

 

10:30 h: Recepción de asistentes e benvida 

 

Acollida das persoas participantes. 

Breve introdución sobre o obxectivo do encontro, o valor da artesanía na comarca e a importancia de compartir experiencias entre persoas creadoras e público asistente.

 

10:45 h: Mesa redonda: conversa con artesáns Como vivir da artesanía e manter a paixón

 

Diálogo con persoas artesás locais que compartirán o seu camiño profesional, experiencias, retos e aprendizaxes. Contaremos coa presenza de destacados artesáns entre outros: 

 

 

12:10 h: Espazo creativo e demostración

 

Demostración e divulgación de creación dos produtos artesanais, coñecemento de técnicas tradicionais e contemporáneas das persoas artesáns e da súas creacións, e oportunidade de interacción directa coas persoas artesáns.

 

12:30 h: Networking e peche da sesión

 

Espazo informal para intercambiar experiencias, contactos e fortalecer a rede de artesáns e emprendedores locais.

 

A actividade culminará cun encontro social no Classic Bar, onde se ofrecerán pinchos e bebida nun ambiente distendido para continuar compartindo ideas.

 

 

Presencial

Voltar