O teu negocio en dixital: crea a túa web e app con IA

Dende 23 de febreiro, 2026 - Ata 23 de febreiro, 2026

Pon o teu negocio no mapa dixital! Aprende a crear a túa propia páxina web, mellorar a visibilidade dos teus produtos ou servizos de xeito profesional e atractivo

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Luns, 23 de febreiro I 20:00 - 22:15 h 

📍 Polo de Sarria 

 

Queres darlle o salto dixital ao teu negocio de forma rápida, práctica e sen complicacións?

 

Este obradoiro, organizado polo Polo de Sarria, está pensado para pequenas empresas, comercios locais e proxectos emprendedores que queren aproveitar o potencial da intelixencia artificial para mellorar a súa presenza en internet e optimizar o seu día a día.

 

Ao longo dunha sesión práctica e participativa, aprenderás a crear e personalizar a túa base dixital: desde a presentación dos teus produtos ou servizos ata a recollida de pedidos, a xestión de citas, a comunicación cos clientes e a túa imaxe profesional online. Todo adaptado ás necesidades reais do teu negocio.

 

O obxectivo é claro: que remates o obradoiro cunha ferramenta dixital funcional e útil, entendendo como a IA pode axudarche a aforrar tempo, organizar mellor o teu traballo e ofrecer unha experiencia máis moderna e eficiente aos teus clientes.

 

Se queres facer crecer o teu negocio nun mercado cada vez máis dixital e competitivo, este obradoiro é para ti.
 

Programa

 

20:00h –  Presentación e introdución

20:15h – Creación da estrutura, dos contidos e do deseño do sitio

web en directo

21:15h - Implementación do sistema de reservas e configuración

do backoffice

22:15h – Conclusións, preguntas e café networking

 

Non quedes atrás: inscríbete e comeza a transformar o teu proxecto!


Presencial

Voltar