O Teu Legado, O Meu Futuro: Encontro de Remuda Xeracional e Talento FP

Dende 30 de abril, 2026 - Ata 30 de abril, 2026

Xornada de conexión entre empresas, alumnado de FP e persoas interesadas no emprego, nas prácticas e en posibles procesos de remuda empresarial na Costa da Morte.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves, 30 de abril I 10:00 h - 13:45 h 

📍 Casa da cultura de Cee. Paseo do, P. Alcalde Pepe Sánchez, 9, Cee, A Coruña 

 

Queres traballar, facer prácticas ou poñer en marcha o teu futuro profesional na túa propia contorna? Ou tes un negocio e necesitas persoal preparado ou pensar na súa continuidade?

 

Esta xornada crea unha conexión directa entre empresas da Costa da Morte e persoas con formación e ganas de comezar a súa carreira profesional. Un punto de encontro real, sen intermediarios, onde coñecer oportunidades laborais, necesidades das empresas e posibles camiños de crecemento, prácticas ou incorporacións.

 

Durante a sesión, as empresas explicarán como traballan, que perfís buscan e que opcións existen para quen queira formar parte do seu equipo ou mesmo dar continuidade ao negocio no futuro. Ademais, haberá un espazo de contacto directo para falar cara a cara e explorar oportunidades reais.

 

Non é unha charla, é unha oportunidade para abrir portas.

 

Dirixido a: alumnado de Formación Profesional e persoas en busca de emprego ou novos retos profesionais, así como empresas da comarca con necesidades de persoal ou interese en asegurar a súa continuidade.

Programa

10:00 h - Benvida Institucional

Obxectivo:
• Contextualizar a xornada e presentar a importancia de asegurar tanto a continuidade empresarial como a cobertura das necesidades reais de persoal no medio rural.

Participan:

• Representantes do Concello de CEE, dirección dos centros educati- vos, empresas participantes e responsables do Polo.

 

10:15 h - Mesa Técnica: "Remuda, emprego e talento para soster a empresa rural"

Obxectivo:
• Explicar con claridade os retos e oportunidades que existen hoxe no territorio en materia de sucesión empresarial, captación de talento e incorporación laboral.

Contidos:

  • Para o alumnado e futuros profesionais: que perfís están a demandar as empresas, que habilidades técnicas e transversais marcan a diferenza, como acceder a unha primeira oportunidade e por que entrar nunha empresa en funcionamento pode ser unha vía real de crecemento profesional e futuro emprendemento.

  • Para as empresas: como identificar mellor os perfís que precisan, como converter prácticas e períodos de aprendizaxe nunha canle útil de incorporación de persoal e, cando proceda, como iniciar con tempo procesos ordenados de remuda e transferencia de coñecemento.

 

10:45 h - Panel "A miña empresa e o talento que necesito"

Obxectivo:
• Que os participantes visualicen oportunidades reais de emprego, aprendizaxe e continuidade dentro das empresas do territorio. Dinámica:

• Presentacións breves tipo "elevator pitch" onde cada empresa expón ao plenario:

• Quen son e a que se dedica a miña empresa.
• Que valor achego e que necesidades reais teño hoxe en persoal, competencias ou continuidade.
• Que tipo de colaboración busco: prácticas, incorporación laboral, aprendizaxe tutorizada ou futura remuda.

 

11:45 h - Pausa Café e Networking Informal

Obxectivo:
• Romper o xeo e facilitar un primeiro achegamento espontáneo entre empresas, persoas destinatarias e outros perfís participantes.

 

12:15 h - Dinámica: "Café de conexión empresa-talento"

Obxectivo:
• Profundizar no coñecemento mutuo, contrastar perfís e detectar encaixes reais entre necesidades empresariais e capacidades das persoas participantes. Dinámica:

  • Dispóñense mesas separadas, cada unha vinculada a unha empresa ou ámbito sectorial, permitindo abordar tanto necesidades de contratación como posibles procesos de continuidade.

  • Os alumnos e demais participantes distribúense nas mesas que lles resulten máis interesantes segundo o seu perfil, intereses e expectativas profesionais.

  • Establécense quendas rotativas para favorecer que cada participante poida coñecer varias empresas, funcións e oportunidades.

  • Conversa guiada polo Polo: a empresa explica o día a día real, os perfís e skills que precisa e as opcións de incorporación; a persoa participante presenta as súas competencias, intereses, dispoñibilidade e expectativas de futuro.

 

13:30 h - Conclusións e Seguintes Pasos

Tarefas:
• Recollida de fichas de interese e de encaixe perfil-empresa.
• O Polo comprométese a facer seguimento posterior coas empresas e cos centros educativos para explorar prácticas, FP Dual, oportunidades de inserción laboral e, cando proceda, posibles itinerarios de remuda ou mentorización.

 

 


Presencial

Voltar