O Podcasting como ferramenta estratéxica no emprendemento

Dende 16 de outubro, 2026 - Ata 16 de outubro, 2026

A túa idea merece ser escoitada. Descubre como crear un podcast desde cero e convertelo nunha nova canle para conectar coa túa audiencia.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Venres, 16 de outubro I 10:30 h - 13:00 h

📍 Confederación de Empresarios de Galicia. R/ do Vilar, nº 54, 2º andar (Salón Galicia), Santiago de Compostela

 

E se a túa idea tivese a súa propia voz?

 

Non necesitas ser experto en comunicación nin ter un gran estudo de gravación para crear un podcast. Só necesitas algo que contar e ganas de conectar coa túa audiencia.

 

O podcast pode converterse nunha ferramenta para dar visibilidade ao teu proxecto, compartir o que sabes, reforzar a identidade da túa marca e crear unha comunidade arredor dela.

 

Neste obradoiro práctico, organizado polo Polo de Melide, aprenderás a dar os primeiros pasos para crear o teu propio podcast desde cero:

🎧 Como definir a túa idea, os teus obxectivos e a audiencia á que queres chegar.
🎙️ Que formatos e narrativas podes utilizar para facer que o teu contido resulte atractivo.
🎨 Como traballar a identidade visual e planificar os contidos.
🎛️ Que necesitas para gravar e editar os teus episodios.
📲 Como publicar e difundir o teu podcast para facelo chegar á túa audiencia.
💡 E mesmo que posibilidades existen para monetizalo.

 

Unha sesión práctica para pasar da idea ao micrófono e descubrir como o podcast pode converterse nunha nova canle de comunicación para o teu proxecto emprendedor.

Se tes algo que contar, é hora de darlle voz.

 

Programa: 

10:30 h - Recepción de asistentes e benvida.

10:35 h - Presentación do evento

Presentación do Polo de Emprendemento

10:40 h - O podcasting como ferramenta estratéxica no emprendemento, liderada por

Dña. Seu Bermudez, produtora de Podcast, formadora e mentora.

  • Estratexia, concepto e posicionamento
  • Branding, planificación e contidos
  • Gravación, equipo e edición
  • Publicación, visibilidade e monetización
  • Rolda de preguntas e resolución de dúbidas

12:40 h - Espazo networking

13:00 h - Peche da xornada


Presencial

Voltar