O emprendemento como alternativa laboral en Narón

Dende 05 de setembro, 2025 - Ata 05 de setembro, 2025

Obradoiro formativo para as persoas usuarias do programa integrado de emprego da Mancomunidade de municipios de Ferrol. O obradoiro impartirase no centro de formación do concello de Narón.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol pon en marcha un novo obradoiro formativo destinado ás persoas participantes no Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade de Municipios de Ferrol. Esta iniciativa busca ofrecer ferramentas prácticas e coñecementos actualizados que axuden aos asistentes a mellorar a súa empregabilidade e potenciar as súas posibilidades de inserción no mercado laboral, coñecendo de primeira man a fórmula do autoemprego como alternativa laboral.

O obradoiro desenvolverase nas instalacións do centro de formación do Concello de Narón. Durante as sesións, os participantes poderán recibir orientación profesional, compartir experiencias con outros asistentes e adquirir habilidades clave.

Con esta iniciativa, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol e a Mancomunidade de Municipios de Ferrol reafirman o seu compromiso coa formación continua e co apoio activo ás persoas que buscan novas oportunidades laborais, promovendo o emprendemento na comarca.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresMancomunidade de concellos de Ferrol

Voltar