Dende 11 de decembro, 2025 - Ata 11 de decembro, 2025
O vindeiro xoves 11 de decembro de 2025, Madrid converterase nun punto de encontro para o talento, a innovación e a industria musical galega cunha nova cita do Camiño do Emprendemento Musical, que terá lugar na Casa de Galicia.
Categorías: Foro/Encontro aberto
Modalidades: Presencial
Baixo o lema “Galicia móvese”, a xornada reunirá a profesionais de distintos ámbitos para analizar, compartir e proxectar o presente e o futuro do sector musical galego dentro e fóra das nosas fronteiras.

A xornada estrutúrase en tres mesas temáticas que abordarán diferentes perspectivas da música e da creatividade como motor económico e cultural:
Miguel de la Cierva (El Náutico)
Luis Diz (Pelícano)
Patricia Hermida (Agem)
Kin Martínez (Esmerarte)
José Patiño (Wake Up)
Paula Domínguez (Festival de la Luz)
Luka de Blas (Laster)
Nico Castro (Music Business Academy)
Nuke (Code/Fabrik)
Profesionais de salas, festivais, axencias e industria compartirán a súa experiencia arredor da internacionalización, a produción de eventos, a innovación e as oportunidades de negocio no sector musical.
Este encontro pretende servir como espazo de reflexión, diálogo e inspiración entre profesionais, emprendedores, artistas e público xeral interesado no desenvolvemento da música como sector estratéxico. Unha oportunidade para tecer redes, coñecer proxectos de referencia e reforzar a presenza de Galicia no mapa musical estatal e internacional.
📅 Data: Xoves, 11 de decembro de 2025
🕓 Horario: 16:30 – 18:30 h
📍 Lugar: Casa de Galicia, Madrid
🏷 Modalidade: Presencial
🛠 Organiza: Wake Up!
🤝 Colabora: Xunta de Galicia
⚠ A entrada é libre ata completar aforo (50 prazas)
![]()
ColaboradoresWake Up!