Números que mandan: rendibiliza e controla a caixa do teu negocio

Dende 07 de maio, 2026 - Ata 07 de maio, 2026

O Polo de Sarria organiza este seminario en liña para axudarche a entender mellor as finanzas do teu negocio e tomar decisións con máis seguridade, aprendendo a interpretar a caixa, o beneficio e os datos clave para mellorar a rendibilidade.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Xoves, 7 de maio I 10:00 - 12:00 h 

🖥️ En liña 

 

Moitas iniciativas empresariais funcionan, venden e incluso medran, pero aínda así xeran dúbidas importantes: onde vai realmente o diñeiro?, é sostible o ritmo actual?, estou tomando as decisións axeitadas? Este seminario axudarache a poñer luz sobre estas cuestións clave. 

 

Ao longo desta sesión, organizada polo Polo de Sarria, aprenderás a interpretar os datos económicos do teu negocio, entender o comportamento da caixa no día a día e identificar que números son realmente relevantes para mellorar a túa rendibilidade.

 

Traballaremos con exemplos reais e ferramentas sinxelas que poderás aplicar desde o primeiro momento. Unha proposta formativa pensada para persoas emprendedoras e pequenos negocios que queren deixar de xestionar “a ollo” e comezar a tomar decisións con máis seguridade, control e visión de futuro.´

 

Programa

10:00 h - Bienvenida/Apertura.

10:10 h - Beneficio no é o mesmo que caixa.

10:30 h - Como construir un orzamento útil para o emprendedor?

  • Criterio de vengo
  • Fluxo de ingresos / gastos vs. Fluxo de cobros / pagos

10:55 h - Control básico de tesourería.

11:20 h - Caso práctico.

11:35 h - Decidir con números: 4 preguntas antes de gastar ou invertir.

  • Necesitoo?
  • Podo pagalo?
  • Vaime xerar un retorno? 
  • Que risco supón?

11:45 h - Orzamento básico.

11:55 h - Peche da actividade.


Online

Voltar