Dende 06 de maio, 2025 - Ata 06 de maio, 2025
Obradoiro sobre novidades xurisprudenciais en igualdade de xénero no ámbito laboral, con especial atención aos pronunciamentos do TJUE, do Tribunal Supremo e dos tribunais superiores nos dous últimos anos.
Categorías: Outra
📅 Martes, 6 de maio | 16.30 - 18.30 h
📍 Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego de Galicia (Centro COE Galicia) (Rúa Rafael Alberti, nº 4 da Coruña)
Este taller ten por obxectivo afondar sobre pronunciamentos do TJUE, o TS e os TSJ (sobre todo o galego) en materia de igualdade de xénero no ámbito laboral nos dous últimos anos.
Neste obradoiro analizaranse os pronunciamentos sobre...
- Igualdade entre mulleres e homes no acceso ó emprego e nas condicións de traballo
- Igualdade retributiva entre mulleres e homes
- Dereitos de maternidade, paternidade e conciliación
- Violencia de xénero no traballo
- Igualdade de xénero na seguridade social
Programa:
16.00 h Café de benvida
16.30 h – 16.35 h Presentación da xornada
Pablo Fernández López
Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais
16.35 h – 18.15 h Novidades xurisprudenciais sobre a igualdade de xénero no ámbito laboral
Raquel María Naveiro Santos
Jose Fernando Lousada Arochena
Maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
18.15 h – 18.30 h Rolda de consultas
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70% das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no campus en liña.
Para seguir a sesión por streaming debe inscribirse no taller formativo a través do campus en liña en materia de igualdade laboral:
👉 https://formacion-igualdadelaboral.xunta.gal