Neurociencia aplicada ao deseño de marca

Dende 07 de novembro, 2025 - Ata 07 de novembro, 2025

Obradoiro práctico para persoas emprendedoras que traduce a neurociencia visual en decisións de deseño de marca. Verás como o cerebro presta atención e lembra, que cores e formas activan emocións e como compoñer carteis e logotipos que xeren impacto e confianza.

Categorías: Formación

Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)

 

🗓️ Venres, 7 de novembro 10:00 a 14:15 horas

📍 Sede do Polo de Coristanco. Feiranova S/N, Coristanco

 

Queres que a túa marca se vexa, conecte e permaneza na memoria do teu público? No contexto actual, captar a atención e transmitir emoción é clave para calquera persoa emprendedora. Por iso, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Coristanco organiza un obradoiro práctico de neurociencia aplicada ao deseño de marca, onde aprenderás como o cerebro percibe cores, formas e símbolos, e como aplicar estes coñecementos para que o teu proxecto destaque.

 

Durante a xornada, combinaranse explicacións breves, análise de exemplos reais e traballo colaborativo. Poderás crear o teu propio logotipo e cartel, seleccionar paletas de cor que transmitan emocións concretas e descubrir métodos sinxelos e low-cost para validar os teus deseños antes de lanzalos ao mercado.

 

🗓️ Programa da xornada 

10:00 – 10:15 h

Benvida e presentación da xornada

10:15 – 11:00 h
Como pensa o cerebro? Claves para captar a atención

11:10 – 12:00 h
O poder das cores e das formas no cerebro

12:00 – 12:30 h
Pausa café e networking

12:30 – 13:15 h
Deseño eficaz de carteis e folletos desde a neurociencia

13:15 – 14:00 h
Logotipos que o cerebro recorda

14:00 – 14:15 h
Peche da xornada e conclusións 

 

Non perdas a oportunidade de aprender a deseñar pensando no cerebro e dar un impulso profesional e creativo á túa marca!

 


Híbrida (presencial+streaming)

Voltar