Dende 08 de novembro, 2025 - Ata 08 de novembro, 2025
Tras a sesión de mindfulness, goza dun espazo de conexión e networking. Repasaremos os puntos clave da formación anterior e realizaremos unha dinámica de speech networking, na que cada participante poderá presentar o seu proxecto e xerar novas colaboracións e oportunidades profesionais.
Categorías: Outra

🗓️ Sábado, 8 de novembro | 20:00 a 22:00 horas
📍 Parador de Vilalba, Rúa Valeriano Valdesuso, s/n, Vilalba, Lugo
Despois da sesión de mindfulness, continuamos cun espazo de conexión e benestar compartido. Comezaremos cunha breve introdución por parte de Yadira Tenreiro, quen repasará os principais puntos tratados na formación anterior, para que todas as persoas —mesmo as que non puideron asistir— poidan contextualizar a experiencia.
A continuación, realizaremos unha dinámica de speech networking, na que cada participante poderá presentarse e compartir o seu proxecto ou actividade profesional, favorecendo a creación de novos lazos e oportunidades de colaboración.
Para pechar o encontro, gozaremos dunha cea estilo cóctel, pensada para seguir conversando nun ambiente máis distendido, relaxado e enriquecedor.
![]()