Dende 16 de outubro, 2025 - Ata 16 de outubro, 2025
Unha xornada creada para inspirar, conectar e compartir coñecemento entre emprendedores e emprendedoras de Galicia e Portugal.
Categorías: Outra
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 16 de outubro | 10:00 - 15:30 h
📍 Hotel Attica21 Samil, Vigo (Pontevedra)
Networking Transfronteirizo: creando Sinerxías! é unha xornada pensada para inspirar, conectar e compartir coñecemento entre emprendedores e emprendedoras de Galicia e Portugal.
Durante a mañá, as persoas participantes asistirán a tres talleres simultáneos impartidos por referentes do mundo empresarial, que compartirán a súa traxectoria e visión sobre temas clave para o emprendemento no contexto actual. Ao longo do encontro trátaranse cuestións relacionadas coas novas tecnoloxías, a economía circular e as exportacións, ofrecendo estratexias prácticas e ideas innovadoras para fomentar proxectos sustentables e ampliar mercados.
O evento inclúe tamén un brunch-networking para favorecer o intercambio de experiencias, ideas e a creación de sinerxías transfronteirizas.
Programa
09:45h: Recepción e acreditación de asistentes
10:00 - 10:30h: inauguración e presentación do Networking
10:30 - 11:15h: talleres
11:15 - 12:00h: talleres
12:00 - 12:45h: talleres
12:45 - 13:00h: peche dos talleres
13:00 - 14:00h: brunch - Networking
14:00 - 14:45: mesa redonda
14:45 - 15:15: peche do evento
Todos os asistentes rotarán polos 3 talleres, nos que trataremos temas clave sobre Novas Tecnoloxías, Economía Circular e Exportacións da man de expertos e expertas no sector.
![]()