Dende 06 de outubro, 2026 - Ata 06 de outubro, 2026
Desde o Polo do Carballiño organizamos esta xornada para conectar, compartir e crear novas sinerxías entre persoas emprendedoras. Anímate a participar e amplía a túa rede!
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Martes, 6 de outubro I 12:00 h - 14:00 h
📍 Paraninfo IES Otero Pedrayo de Ourense. R/ Padre Feijoo, 12, Ourense
Tes un proxecto, unha empresa ou unha idea emprendedora? Ás veces, o seguinte paso non está en buscar máis lonxe, senón en coñecer a persoas que comparten inquietudes, retos e ganas de crear novas oportunidades.
Desde o Polo do Carballiño queremos seguir tecendo redes no territorio e, nesta ocasión, facémolo da man de Executivas Galicia, unha asociación que traballa para visibilizar e impulsar o papel das mulleres no mundo empresarial.
Será unha xornada presencial en Ourense pensada para coñecerse, compartir experiencias, presentar proxectos e descubrir posibles sinerxías e colaboracións. Un espazo para poñerlle cara a outros profesionais e ampliar a túa rede de contactos. Ademais, será unha oportunidade para coñecer de primeira man os servizos e recursos que ofrece a Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego.
Non perdas a oportunidade de sumar novos contactos, ideas e posibilidades ao teu proxecto.
Programa:
12:00h - Recepción de asistentes e benvida
12:15h - Presentación da xornada e obxectivos da mesma
12:30h - Mesa de traballo
13:30h - Petiscos
14:00h - Clausura da xornada
![]()
ColaboradoresExecutivas Ourense