Dende 23 de decembro, 2025 - Ata 23 de decembro, 2025
Un encontro creado para dar luz aos proxectos tecnolóxicos que están transformando o rural. Unha xornada dinámica, inspiradora e pensada para conectar talento, ideas e oportunidades nun mesmo espazo.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial

🗓️ Martes, 23 de decembro | 9:30 - 13:45 h
📍 Sede do Polo de Melide. R/ Convento n1, Melide
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Melide organiza unha xornada de presentación de proxectos tecnolóxicos impulsados desde a Rede de polos.
Neste evento presentaranse as iniciativas máis innovadoras que están a xurdir no ámbito rural da contorna de Melide. Nun formato áxil e dinámico, varias persoas emprendedoras presentarán os seus proxectos, desde intelixencia artificial e sensores intelixentes ata plataformas dixitais, turismo, música e benestar.
Un punto de encontro pensado para fomentar o diálogo, a aprendizaxe compartida e a colaboración entre persoas emprendedoras, a administración pública e entidades colaboradoras. Un espazo de participación no que identificar retos comúns, xerar sinerxías e reforzar a comunidade emprendedora local, contribuíndo así á innovación e ao desenvolvemento económico do territorio.
🗓️ Programa da xornada:
10:00 h: Recepción de asistentes
10:15 h:
Benvida e presentación do evento por:
10:30 h:
Presentación Proxectos Tecnolóxicos
12:30 h: Espazo de participación e diáogo aberto
13:00 h: Café - Networking
13:45 h: Peche da xornada
![]()