Networking en combate

Dende 29 de maio, 2026 - Ata 29 de maio, 2026

Categorías: Conectando o polo co sector...

 

O vindeiro 29 de maio desenvolverase unha actividade de networking dinámico nas instalacións de Rompebolas, en Neda, combinando unha experiencia de paintball con un espazo posterior de encontro e intercambio profesional.

 

A actividade terá lugar entre as 18:00 e as 21:00 horas. Durante as dúas primeiras horas realizarase a actividade de paintball, deseñada para fomentar a colaboración, a comunicación, a toma de decisións e o traballo en equipo nun contexto participativo e dinámico. Posteriormente, desenvolverase un espazo de networking acompañado dun pincho, favorecendo a interacción entre as persoas participantes nun ambiente distendido.

 

Esta iniciativa ten como obxectivo promover a creación de vínculos profesionais, o intercambio de ideas e a xeración de sinerxías entre persoas emprendedoras, profesionais e integrantes do tecido asociativo e empresarial, mediante unha metodoloxía innovadora e experiencial.

 

A proposta busca, ademais, impulsar a participación activa, fortalecer as relacións interpersoais e favorecer a creación de novas oportunidades de colaboración a través dunha actividade diferente ás fórmulas convencionais de networking.


Conectando o polo co sector...

Voltar