Dende 26 de xuño, 2026 - Ata 26 de xuño, 2026
Categorías: Conectando o polo co sector...

Volve o mítico evento de cada último venres de xuño para despedir a tempada dunha forma diferente. Unha travesía pola Ría de Ferrol que combina networking, bo ambiente e novas oportunidades de conexión.
Un encontro pensado para coñecer outros emprendedores, empresarios e profesionais de Ferrolterra, compartir experiencias, crear sinerxías e ampliar a túa rede de contactos mentres gozamos dunha das contornas máis emblemáticas da comarca.
A actividade inclúe cea a bordo, creando o ambiente perfecto para conversar, compartir proxectos e establecer novas relacións profesionais nun contexto relaxado e distendido.
Durante o evento realizarase tamén unha dinámica de presentacións, co obxectivo de coñecer a todas as persoas asistentes e os seus proxectos, fomentando así conexións máis directas e valiosas.
Será unha noite de conversacións, colaboracións e novas ideas... coa ría como escenario.
![]()