Networking Beneficiarios da Rede- Encontro de correlacións empresariais

Dende 16 de xuño, 2025 - Ata 16 de xuño, 2025

Coñece negocios e proxectos en desenvolvemento da zona de Monforte e conecta con outras persoas emprendedoras.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Luns, 16 de xuño | 17:00 - 19:00 h 
📍 Sala Multiusos do Polo Monforte de Lemos, Rúa da San Pedro, 1

 


A miúdo non coñecemos todos os proxectos que se están desenvolvendo na nosa zona, o que dificulta crear unha comunidade sólida e colaborativa. Ademais, poden compartir os retos e as oportunidades que viviron durante o desenvolvemento dos seus negocios, dos que podemos aprender para ter en conta nos nosos proxectos.

 

Esta xornada pretende poñer en contacto a persoas emprendedoras con outras que pretenden poñer en marcha os seus propios negocios. A primeira parte da xornada consistirá na presentación dos proxectos de emprendemento do territorio, cos desafíos que viviron e as súas aprendizaxes. A segunda parte estará reservada ás preguntas sobre cada unha das propostas e a unha posta en común sobre os resultados. 

 

 

Programa:
17:00 h
- Recepción de asistentes e benvida. 
17:10 h - Presentación do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego realizada por José Ramón Catoira, técnico do Polo 
17:20 h - Explicación breve do obxectivo da xornada por Marina Salgueiro, técnico de Polo 
17:30 h - Breve presentación de cada un dos proxectos polas persoas emprendedoras 
18:15 h - Preguntas e dialogo aberto 
19:00 h - Conclusións finais. Peche da actividade

 


É a ocasión perfecta para coñecer novos proxectos e sacar ideas coas que fortalecer o teu. 


Presencial

Voltar