Dende 15 de outubro, 2025 - Ata 15 de outubro, 2025
Este encontro trata de visibilizar proxectos emprendedores liderados por mulleres como referentes, promover a participación activa e o networking para xerar vínculos, sinerxías e a colaboración entre as persoas participantes.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 15 de outubro | 17:30 - 19:30 h
📍Cabanas de Ancares, Lg de Cabanas Antigas. Cervantes (Lugo)
Mulleres que inspiran é un encontro deseñado para dar a coñecer proxectos liderados por mulleres, reflexionar sobre os retos do emprendemento e fomentar a colaboración entre persoas participantes.
Programa
17:30 h - Presentación do evento e do Polo
17:35 h - Presentación de proxectos: intervención de 3 mulleres emprendedoras que compartirán os seus proxectos, experiencias e aprendizaxes.
17:50 h - Coloquio participativo: mesa redonda arredor de tres piares fundamentais: retos e obstáculos, fortalezas e creación de redes e alianzas.
19:00 h - Actividade práctica de peche: dinámica breve con ferramentas físicas para o benestar.
19:15 h - Café Networking: espazo para intercambio de experiencias e fortalecemento de redes.
19:30 h - Peche do evento
Descubre proxectos inspiradores liderados por mulleres e participa nun espazo de diálogo, aprendizaxe e colaboración no corazón de A Fonsagrada.
Actividade gratuíta dirixida a persoas emprendedoras, profesionais e autónomas. Prazas limitadas.
![]()