Dende 30 de abril, 2026 - Ata 30 de abril, 2026
Encontro participativo dirixido a emprendedoras de Sarria que busca consolidar unha rede activa e colaborativa. A sesión céntrase en definir un propósito común, establecer liñas de acción prioritarias e acordar próximos pasos para impulsar proxectos de maneira conxunta. Un espazo para conectar, organizarse e avanzar en compañía.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 30 de abril I 10:00 - 12:15 h
📍 Sede do Polo de Sarria. R/ Diego Pazos, n 20, Sarria, Lugo
Tras o éxito da primeira xornada celebrada en marzo, na que se activou unha comunidade de mulleres emprendedoras en Sarria, esta nova sesión dá un paso máis: transformar a conexión inicial nunha rede sólida, organizada e con capacidade real de acción.
Impulsada polas propias participantes, esta xornada será un espazo aberto para ordenar ideas, definir cara a onde queren avanzar e como facelo de maneira coordinada. Non se trata só de xuntarse, senón de crear unha comunidade con sentido, capaz de xerar sinerxías reais e apoiar o crecemento dos proxectos que a integran.
Ao longo da sesión revisaranse os primeiros pasos dados, poñendo o foco no aprendido e no que cómpre reforzar. A partir de aí, traballarase de forma colaborativa para identificar prioridades, organizar o funcionamento do grupo e establecer unha base sólida que permita que a rede evolucione con coherencia e continuidade.
O encontro rematará cun plan de acción concreto, con acordos claros e próximos pasos definidos para manter o impulso colectivo máis alá desta sesión.
A dinamización correrá a cargo de Rocío Ovalle, consultora especializada en procesos de liderado e gobernanza rexenerativa a través de Símbica, quen guiará o grupo nun proceso participativo e enfocado a resultados.
Dirixido a mulleres emprendedoras do territorio —tanto ás que xa participaron como ás que desexan incorporarse—, este espazo abre tamén a porta á presenza puntual de entidades interesadas en coñecer a iniciativa e explorar posibles colaboracións.
Un punto de encontro para crear rede, xerar oportunidades e medrar en compañía.
Programa
10:05 – 10:10 h: Revisión dos avances e aprendizaxes desde a sesión
anterior.
10:10 – 11:15 h: Definición do propósito compartido do grupo.
11:15 – 11:45 h: Fixación das liñas de acción prioritarias e modelo
organizativo básico.
12:05 – 12:15 h: Concreción de próximos pasos e compromisos a curto
prazo.
12:15 h: Café-networking
![]()