Mulleres en Rede: da conexión á acción

Dende 23 de marzo, 2026 - Ata 23 de marzo, 2026

Un encontro participativo para impulsar o emprendemento feminino en Sarria, compartir retos e xerar novas oportunidades de colaboración, facilitado por Rocío Ovalle de Símbica

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Luns, 23 de marzo I 10:00 h - 12:30 h 

📍 Sede do Polo de Sarria. R/ Diego Pazos, 20, Sarria, Lugo 

 

Se formas parte do emprendemento feminino en Sarria e queres impulsar o teu proxecto mentres fortaleces a rede local, esta é a túa oportunidade. 

 

Chega unha experiencia participativa e transformadora centrada en analizar, conectar e activar o ecosistema emprendedor feminino de Sarria e contorna.

 

A sesión arrincará cun exercicio de mapeo visual colectivo para situar en que punto está cada proxecto e obter unha fotografía real do momento que vivimos como comunidade emprendedora. Porque para avanzar, primeiro hai que entender onde estamos.

 

A continuación, mergullarémonos nos retos compartidos: identificaremos desafíos comúns e organizaremos grupos de traballo para analizar solucións concretas e viables. Non se trata só de falar, senón de construír respostas xuntas.

 

Pecharase cun espazo de posta en común e coa identificación de posibles apoios externos que poidan reforzar os proxectos e abrir novas oportunidades.

 

A sesión estará facilitada por Rocío Ovalle, consultora en liderado e gobernanza rexenerativa e impulsora do proxecto Símbica, quen guiará ao grupo nun proceso dinámico, estruturado e profundamente participativo. A metodoloxía combina dinámicas corporais lixeiras, ferramentas visuais e traballo colaborativo, creando un clima de confianza, corresponsabilidade e acción.

 

Non é só unha sesión de traballo. É un espazo para tomar conciencia, fortalecer vínculos e activar o potencial colectivo.

 

Se queres formar parte do impulso do emprendemento feminino en Sarria, apúntate e suma a túa voz. Xuntas chegamos máis lonxe

 

Programa 

 

10:00 h: Chegada, encadre e presentación breve das participantes 

10:10 h: Mapeo da rede 

10:30 h: Traballo por grupos nos retos identificados

11:30 h: Posta en común 

12:00 h: Presentación do proxecto "Medrando Xuntas"

12:30 h: Café networking

13:00 h: Peche da actividade

 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresPrograma Medrando Xuntas

Voltar