Mulleres en corpo, mente e alma: saúde emocional, física e benestar integral

Dende 28 de maio, 2026 - Ata 28 de maio, 2026

Un espazo pensado para ti: para coidar o corpo, acougar a mente e fortalecer a túa autonomía. No Día Internacional da Saúde da Muller, convidámoste a compartir unha mañá de benestar, aprendizaxe e conexión con outras mulleres nun encontro creado para inspirarte e regalarche tempo de calidade.

Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves, 28 de maio I  12:00 h – 14:00 h 

📍 Casiña azul. San Xoán de Río, Ourense 

 

Anímate a regalarte un tempo para ti. Para parar, respirar, compartir e reconectar co que realmente importa: o teu benestar.

 

No marco do Día Internacional da Saúde da Muller (28 de maio), o Polo de O Barco convídate a participar nunha xornada especial pensada para coidar de ti de maneira integral: corpo, mente e tamén a túa autonomía persoal.

 

“Mulleres en corpo, mente e alma” é moito máis ca unha actividade: é un espazo para atoparte contigo mesma, para aprender, inspirarte e compartir con outras mulleres unha experiencia transformadora no corazón do rural.

 

Ao longo da xornada, tres emprendedoras da contorna acompañarante nun percorrido único arredor do benestar:

 

Darija Czibulkova convidaranos a descubrir como o movemento orgánico pode axudarnos a escoitar o noso corpo, comprender as súas necesidades e recuperar a conexión coa nosa enerxía vital.

 

Angelly traerá Ritmos do Benestar, unha experiencia vibrante e terapéutica onde o ritmo, o movemento consciente e a alegría se converten en ferramentas para transformar a calma en forza e levar un pequeno ritual de benestar tamén para a casa.

 

Elisa Fernández, educadora financeira, ofrecerá claves prácticas para mellorar a relación co diñeiro, fortalecer a autonomía económica e entender o coidado financeiro como parte esencial do noso equilibrio persoal.

 

Porque coidarse tamén é parar. É escoitarse. É compartir. É aprender.
E porque cando as mulleres se xuntan para medrar, tamén medra a comunidade.

 

Reserva o teu espazo e anímate a vivir unha xornada creada para ti.
Un encontro para sentir, conectar e lembrar que o teu benestar tamén merece ser prioridade.

 

Programa da actividade

12:00 h –  Benvida institucional e presentación da xornada

12:10 h –  Movemento é vida: o movemento orgánico e a importancia de escoitar o corpo, Darija Czibulkova.

12:30 h –  Ritmos do Benestar: Unha vibrante experiencia de lecer terapéutico para transformar a calma en enerxía vital a través do ritmo, o movemento consciente e unha pílula express de alegría para replicar en casa, Angelly Helena Pérez Flores.

12:50 h –  Educación financeira práctica con Elisa Fernández.

13:15 h –  Presentación Programa Medrando Xuntas.

14:00 h - Networking e petiscos no Bar O Cruceiro (San Xoán de Río).

 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresConcello de San Xoán de Río, Rede Eusumo (Medrando Xuntas)

Voltar