Moldeando ideas, compartindo saberes: xornada de emprendemento local

Dende 30 de setembro, 2026 - Ata 30 de setembro, 2026

A través dun percorrido práctico por A Teixeira e Castro Caldelas, os participantes coñecerán en primeira persoa dous modelos de negocio cun alto valor territorial.

Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 30 de setembro I 12:30 h - 14:30 h 

📍 Taller de Cándido Caneiro, aldea de Lumeares - A Teixeira

📍 Carnicería O Pepe - Castro Caldelas 

📍 Restaurante El Pallón - Castro Caldelas 

 

Descubre historias reais de emprendemento, conecta con outras persoas emprendedoras e coñece proxectos que están a xerar valor no medio rural.

 

Durante a xornada achegarémonos á figura do escultor Cándido Caneiro, referente da creación artística en metal, nun encontro moi especial no que se formalizará a doazón dunha das súas obras ao Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Barco.

 

Tamén coñeceremos a historia da Carnicería O Pepe e do Restaurante El Pallón, dous negocios impulsados por unha familia recentemente chegada a Galicia que apostou por manter vivo un comercio tradicional e crear un proxecto con futuro na comarca.

 

A xornada rematará cun espazo de petiscos e intercambio de experiencias para facer contactos, compartir ideas e inspirarse.

 

Participa, crea novas conexións e déixate inspirar por quen xa está facendo medrar o rural. Agardámoste!

 

Programa: 

12:30 h -  Recepción de asistentes.

12:40 h - Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Barco.

12:45 h - Visita ao taller artesanal de escultura e traballo en metal.

Coñecer de cerca a historia de emprendemento de Cándido Caneiro. Fará entrega e doazón dunha das súas pezas artísticas ao Polo de Emprendemento do Barco como símbolo de apoio á rede emprendedora local.

13:30 h - Visita a Carnicería O Pepe – Restaurante El Pallón.

Coñecendo a historia de emprendemento dunha familia recentemente chegada a Galicia que apostou polo comercio de proximidade, asumindo a Carnicería O Pepe e evitando o seu peche, dinamizando así o tecido socioeconómico do rural.

14:00 h - Petiscos e networking.

14:30 h - Peche.


Presencial

Voltar