Módulo 1. Primeiros pasos na fiscalidade do emprendemento

Dende 13 de outubro, 2026 - Ata 13 de outubro, 2026

Se estás a emprender e a fiscalidade paréceche un labirinto de impostos, prazos e trámites, nesta sesión poñemos orde ás ideas para que saibas por onde empezar e tomes decisións con máis seguridade.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Martes, 13 de outubro I 16:00 h - 17:00 h

🖥️ En liña (enviarase ligazón 24 h antes do inicio da actividade)

 

Empezar un negocio tamén significa saber que lle tes que pagar a Facenda. Pero por onde empezar?

 

IVA, IRPF, sociedades, declaracións, prazos… Cando comezas unha actividade económica, a parte fiscal pode converterse nun auténtico quebracabezas.

 

Por iso o Polo do Porriño organiza esta sesión, unha formación en liña, práctica e introdutoria para que poidas entender as principais obrigas fiscais da túa actividade sen perderte entre conceptos.

 

Tanto se traballas por conta propia como se estás pensando en crear unha sociedade limitada, nesta sesión descubrirás unha visión clara e práctica das principais obrigas fiscais, favorecendo unha mellor planificación e toma de decisións no desenvolvemento da actividade económica.

 

Imparte: David Ramírez Castro, experto en asesoramento fiscal

 

Programa: 

16:00 h - Introdución á fiscalidade do emprendemento

Por que é importante coñecer as obrigas fiscais.

- Diferenza entre:  Impostos, Cotizacións á Seguridade Social e  Outras obrigas administrativas.

 

16:10 h - Que trámites deben realizarse antes de comezar a actividade.

- Alta en Facenda e elección inicial do réxime fiscal.

- Calendario básico das obrigas fiscais.

 

16:25 h - Principais formas de desenvolver unha actividade económica:

  - Como persoa autónoma.

  - A través dunha sociedade limitada.

 

16:40 h - Preguntas e conclusións

- Resolución de dúbidas xerais dos asistentes

 

17:00 h - Peche da formación

- Recomendacións finais e recursos de apoio

 


Online

Voltar