Mobilidade sostible e turismo na Ribeira Sacra

Dende 08 de novembro, 2025 - Ata 08 de novembro, 2025

AJE Lugo e AJE Ourense organizan un foro na Ribeira Sacra, centrado en poñer en valor o vínculo entre mobilidade sostible, innovación e turismo responsable.

Categorías: Outra

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Sábado, 8 de novembro | 12:00 - 14:00 h

📍 Casa dos Muros - Ferreira de Pantón (Lugo)

 

AJE Lugo e AJE Ourense organizan un foro na Ribeira Sacra, centrado en poñer en valor o vínculo entre mobilidade sostible, innovación e turismo responsable. A iniciativa xorde coa colaboración de Mobify, empresa socia de AJE e referente galego en mobilidade compartida, que prestará o seu modelo de transporte ecolóxico e ofrecerá unha experiencia práctica de test drive cos seus vehículos eléctricos.


O enclave da Ribeira Sacra permitirá integrar o turismo sostible como eixo do encontro, combinando a parte corporativa con experiencias locais que favorecen o networking entre participantes. 

 

🗓️ Programa da xornada 

 

  • Presentación da temática: "Mobilidade sostible e turismo responsable: novas oportunidades para Galicia" a cargo de Mobify.
  • Experiencia práctica: test drive con vehículos eléctricos de Mobify.

  • Peche e coctel de productos locais da Ribeira Sacra.

 


Presencial

Voltar