Dende 17 de marzo, 2026 - Ata 17 de marzo, 2026
Sesión práctica para aprender a planificar, estruturar e dar forma a proxectos emprendedores usando ferramentas clave como o Modelo Canvas e o Plan de Empresa
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial

🗓️ Martes, 17 de marzo I 11:30 - 13:30 h
📍 Sede AEDEZA. R/ Otero Pedrayo, s/n, 24, baixo, Lalín, Pontevedra
Dende o Polo de Silleda, en colaboración coa Asociación de Empresarios do Deza, organízase a actividade "Metodoloxía: Canvas e Plan de Empresa para iniciar un negocio por conta propia" dirixida ao alumnado dos programas de formación de AEDEZA.
Esta formación está deseñada para adquirar coñecementos básicos sobre planificación empresarial e metodoloxías para desenvolver ideas de negocio de maneira efectiva.
Que se vai facer?
Unha sesión formativa e participativa onde aprender a usar dúas ferramentas imprescindibles para calquera proxecto emprendedor:
Modelo Canvas: transforma a idea nun modelo de negocio estruturado, identificando a proposta de valor, clientes, fontes de ingresos e recursos necesarios.
Plan de empresa: aprender a elaborar un documento que avalíe a viabilidade económica, organizativa e comercial dun proxecto.
Unha actividade coa que o alumnado poderá dar forma ás súas ideas e planificar os primeiros pasos cara o propio negocio.
Programa
11:30 h - Benvida e presentación do programa do día
11:45 h - Formación
12:15 h - Dinámica participativa: poñemos en práctica o aprendido con exemplos reais
13:00 h - Q&A e conclusións
13:30 h - Peche da xornada
![]()
ColaboradoresAEDEZA