Dende 25 de xuño, 2026 - Ata 25 de xuño, 2026
O Polo do Porriño, xunto coa Rede Eusumo e a Asociación “Entre Mulleres”, organiza un encontro para mulleres emprendedoras do rural. Neste encontro coñecerás de primeira man o programa Medrando Xuntas ademais dun proxecto literario de Isabel Delagranja sobre mulleres rurais. Inscríbete a este espazo de networking para favorecer colaboracións e intercambio de experiencias.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 25 de xuño I 19:30 - 21:00 h
📍 Sede da Asociación de Mulleres Rurais Entre Mulleres. R/ Ramón Peinador, 38 baixo. Mondariz Balneario
Hai ideas que medran mellor cando se comparten, e proxectos que gañan forza cando se tecen en rede.
“Medrando Xuntas Entre Mulleres” é unha cita para que o emprendemento deixe de ser un camiño en solitario para converterse nun espazo común de inspiración, apoio e colaboración.
Nesta xornada, organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Porriño e a Asociación de Mulleres Rurais Entre Mulleres e colaboración coa Rede Eusumo - Medrando Xuntas e a escritora Isabel Delagranja, queremos reunir mulleres con inquietudes, proxectos e ganas de avanzar, especialmente no ámbito rural, para crear algo máis ca un encontro: unha rede viva onde as experiencias, as ideas e os soños teñen voz propia.
Será un espazo para coñecer iniciativas que están a transformar o territorio, descubrir o programa Medrando Xuntas e deixar que a palabra e a experiencia flúan entre todas as asistentes.
Tamén haberá lugar para algo moi especial: un proxecto da escritora Isabel Delagranja que rescata e dá vida ás historias das mulleres do rural, lembrándonos que cada traxectoria merece ser contada e valorada. Isabel compartirá os detalles deste fermoso proxecto, no que moitas das asistentes poderán chegar a ser protagonistas.
E como non, pecharemos cun momento distendido, perfecto para falar, coñecerse e deixar que xurdan conexións reais que poidan converterse en colaboracións futuras.
Porque cando as mulleres se atopan, comparten e se apoian, non só medran os proxectos… medra todo o territorio.
Se es emprendedora ou tes un proxecto en mente, este encontro é para ti. Ven, comparte e forma parte desta rede que segue a medrar.
Programa
19:30 h - Recepción de asistentes e benvida
Por parte dos técnicos do Polo e da Presidenta da Asociación de Mulleres Rurais Entre Mulleres
19:40 h - Presentación Rede Eusumo - Medrando Xuntas
20:20 h - Presentación do proxecto Memoria da Terra, de Isabel Delagranxa
20:50 h - Momento aberto para presentacións, consultas e aportacións das participantes
21:00 h - Café networking: Conversas informais e Intercambio de contactos e experiencias
![]()
ColaboradoresAsociación de Mulleres Rurais Entre Mulleres