Dende 10 de outubro, 2025 - Ata 10 de outubro, 2025
A Xornada de Marketing para Non Marketeros é unha formación online para emprendedores, centrada en ferramentas de marketing básicas e prácticas. Abórdase segmentación, proposta de valor e uso de ferramentas dixitais, rematando cun mini plan de marketing. Os participantes levarán estratexias aplicables e oportunidades de networking.
Categorías: Formación
Modalidades: Online

🗓️ Venres, 10 de outubro | 10:00 - 12:30 h
💻 Online
O marketing é un dos piares para fortalecer calquera proxecto de emprendemento, e xa non só está ao alcance de empresas con moitos recursos e equipos especializados. O Polo de Ferrol quere aportar recursos e ferramentas a todas as persoas participantes, sen importar o tamaño e traxectoria do seu negocio, para desenvolver estratexias de marketing adaptadas ás súas necesidades.
Neste obradoiro práctico traballaranse as claves esenciais que favorecerán o crecemento e sustentabilidade do negocio. Exploraranse os retos máis habituais do posicionamento de marca e cada participante adquirirá os fundamentos para deseñar un plan de acción que implementar de inmediato no seu proxecto. Ademais, será a ocasión perfecta para intercambiar experiencias e xerar contactos con outras persoas emprendedoras.
Programa:
10:00 h - Benvida e introdución
10:30 h - Diagnose inicial: os retos do marketing nos emprendementos
11:00 h - Craves esenciais de marketing para persoas emprendedoras
11:40 h - Obradoiro práctico: mini plan de marketing
12:30 h - Posta en común e peche
Desenvolve un plan de marketing propio adaptado ás necesidades do teu negoico e inscríbete!
![]()