Márketing para emprender: por onde empezo sen non teño nin idea

Dende 09 de xuño, 2026 - Ata 09 de xuño, 2026

Aprende a comunicar o valor do teu negocio e a atraer clientes desde o primeiro momento con esta actividade organizada polo Polo de Monforte de Lemos. Unha sesión práctica e sinxela para descubrir como usar o marketing para facer medrar a túa idea emprendedora con estratexia e confianza.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Martes, 9 de xuño I 16:00 h - 17:30 h 

🖥️ En liña 

 

Se estás a emprender ou tes unha idea de negocio, isto interésache. Nun mercado cada vez máis competitivo e dixital, saber como atraer clientes e comunicar o teu valor é clave para avanzar con éxito.

 

Por iso o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte de Lemos organiza esta sesión formativa práctica e moi accesible, pensada para que entendas o marketing dun xeito claro, sinxelo e aplicado ao teu propio proxecto, sen necesidade de coñecementos previos.

 

Da man de Lorena Rey, consultora en Estratexia, Marketing e Desenvolvemento de Negocio, descubrirás que é realmente o marketing, como definir a túa proposta de valor e como comezar a comunicar o teu negocio de forma eficaz desde o primeiro día.

 

💡 Unha formación dinámica, con exemplos reais e exercicios prácticos, para que non só aprendas, senón que poidas aplicar o aprendido de inmediato.

 

Se queres deixar de improvisar e comezar a comunicar con estratexia, esta sesión é para ti.

 

Programa

16:00 h - Recepción de asistentes e benvida.

 

16:05 h -  Presentación da formación que impartirá Lorena Rey, consultora en Estratexia, Márketing e Desenvolvemento de Negocio

 

16:10 h -  Desenvolvemento da actividade:

- Que é o márketing e por que é clave ao emprender

- Proposta de valor e mensaxe

-Canles básicas de márketing

 

17:20 h - Preguntas e dúbidas

 

17:30 h -  Peche da actividade


Online

Voltar