Marketing dixital con IA para PEMES - Edición O Porriño -

Dende 15 de outubro, 2025 - Ata 15 de outubro, 2025

Curso semipresencial para integrar ferramentas de IA no marketing: máis presenza, máis vendas e mellor toma de decisións.

Categorías: Formación

Modalidades: Online, Presencial

 

 

🗓️ 15 de outubro, 3 meses de duración

📍 Sede do Polo de O Porriño

💻 Semipresencial

 

 

O marketing dixital é un dos eidos con máis potencial de mellorar a visibilidade e competitividade do teu negocio, e máis aproveitando as novas ferramentas de IA. Esta formación céntrase na dixitalización, economía circular e innovación, implementando os motores de IA máis actualizados para enfocalos a cada caso particular dos proxectos participantes. 

 

O Polo de O Porriño, en colaboración co IGAPE e EOI, pon en valor estas ferramentas que permiten optimizar procesos comerciais e de comunicación e avanzar cara a modelos de maior valor engadido. 

 

 

Obxectivo xeral

Capacitar no uso estratéxico do marketing dixital integrando solucións baseadas en IA para mellorar a presenza online, incrementar vendas e optimizar recursos.

 

Obxectivos específicos

  • Coñecer conceptos clave de marketing dixital no contexto PEME e o papel da IA.
  • Identificar ferramentas de IA accesibles e de valor.
  • Deseñar campañas con segmentación, automatización e analítica.
  • Aplicar estratexias en redes sociais, email, SEO e publicidade online con soporte de IA.
  • Medir resultados con cadros de mando e analítica automatizada.
  • Implementar solucións de IA prácticas para gañar competitividade.

 

Duración, certificación

Itinerario de 3 meses: 45 h lectivas presenciais + 18 h de titorías online + 30 h de traballo do alumnado (93 h no diploma). Emítese diploma acreditativo ao superar os requisitos de asistencia e o proxecto final.

 

Temario

  • Mód. 1: Introdución á IA e ao marketing dixital (5 h).
  • Mód. 2: Ferramentas de IA para persoas emprendedoras (5 h).
  • Mód. 3: Da teoría á práctica I. Usando a IA na empresa (15 h).
  • Mód. 4: Da teoría á práctica II. Usando a IA na empresa (10 h).
  • Mód. 5: Ferramentas e axudas para o emprendemento (5 h).
  • Mód. 6: Novas tendencias e caso práctico final (5 h).

 

Como participar?

Inscrición gratuíta para persoas autónomas e pemes da Rede de Polos da Xunta de Galicia. Prazas limitadas. Aberto o prazo de inscripción ata o 15 de outubro.

 

Inscríbete para optimizar o teu negocio a través da IA e mellorar a xestión do teu negocio.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresEOI; IGAPE

Voltar