Marketing con Intelixencia Artificial

Dende 04 de xuño, 2026 - Ata 04 de xuño, 2026

Actividade organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol para descubrir como a intelixencia artificial pode transformar o teu marketing, axudándote a crear contidos, atraer clientes e mellorar a xestión do teu negocio dun xeito práctico e sinxelo.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves, 4 de xuño I 9:30 h - 13:30 h 

📍 Sede do Polo de Friol. R/ Deputación, 18, 1 andar, Friol

 

O marketing cambiou, e faino a gran velocidade. Hoxe, a intelixencia artificial non só está presente nas grandes empresas: tamén é unha ferramenta accesible para pequenas empresas e proxectos emprendedores que queren mellorar a súa visibilidade, atraer clientes e optimizar o seu tempo.

 

Nesta sesión formativa práctica, organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol, descubrirás como aplicar a IA ao marketing e á comunicación do teu negocio dun xeito sinxelo, útil e totalmente orientado á acción. Aprenderás a crear contidos máis efectivos, deseñar campañas máis intelixentes e mellorar a relación cos teus clientes apoiándote en ferramentas que xa están ao teu alcance.

 

A formación está pensada para que saias con ideas claras e aplicables desde o primeiro día: desde como redactar mellores contidos con IA ata como utilizala para analizar resultados, segmentar públicos ou mesmo automatizar tarefas de atención ao cliente.

 

Un espazo práctico, dinámico e con enfoque real, onde tamén poderás compartir experiencias e facer networking con outras persoas emprendedoras.

 

Se queres que o teu marketing traballe mellor por ti, esta sesión é para comezar a conseguilo.

 

Programa

9.30h Presentación do Polo de Emprendemento e apoio ao emprego de Friol.

9.45h Introdución ao Marketing Dixital.

10.15h Fundamentos de prompting aplicados ao marketing.

10.50h Xeración de contidos con IA.

11:30h Descanso e Café networking

12.00 IA para a planificación e análise de marketing.

12.40 Automatización e atención ao cliente.

13:15h Preguntas e peche da sesión.

 


Presencial

Voltar