Dende 23 de setembro, 2025 - Ata 23 de setembro, 2025
Aprende a crear vídeos profesionais con recursos limitados. Só necesitarás un móbil. Neste taller práctico descubrirás como gravar, editar e contar a historia da túa marca para conectar coa túa audiencia e potenciar o teu negocio.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial

🗓️ Martes, 23 de setembro | 19:00 - 20:30 h
📍 COE. R/ Rafael Alberti.º 4 Baixo, A Coruña
Non é preciso contar cun equipo profesional para gravar e editar vídeos que conecten co teu público e que transmitan os valores da túa marca. Un móbil será suficiente para crear contidos
profesionais que aumenten a visibilidade e competitividade do teu negocio.
Neste obradoiro, impartido desde a Rede de polos en colaboración co Clúster do Ecommerce Galego e o COE Galicia poderás adquirir os coñecementos clave para contar a historia do teu proxecto en vídeo profesional sen máis recursos que un móbil.
Impartirá a sesión Miguel Rodríguez, que compartirá a súa ampla experiencia para explicar os conceptos básicos, desde os tipos e estrutura dos vídeos ata a optimización e aumento do alcance en redes sociais. Traballa man a man cun profesional do sector para aplicar ao teu negocio os coñecementos clave do audiovisual.
Non necesitas experiencia previa, só ganas e un móbil!
![]()