LinkedIn para negocios: como atraer clientes de forma estratéxica 

Dende 28 de xullo, 2026 - Ata 28 de xullo, 2026

Aprende a utilizar LinkedIn como unha ferramenta estratéxica para facer medrar o teu negocio, mellorar a túa visibilidade e conectar con novos clientes.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Martes, 28 de xullo I 11:00 h - 13:00 h 

🖥️ En liña 

 

Aínda pensas que LinkedIn é só para buscar emprego? É hora de descubrir todo o seu potencial para facer crecer o teu negocio.

 

Se es unha persoa emprendedora ou tes unha pequena empresa, este obradoiro organizado polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín, axudarache a converter LinkedIn nunha ferramenta estratéxica para atraer clientes, crear relacións profesionais de valor e aumentar a visibilidade do teu proxecto.

 

Nesta formación práctica aprenderás a optimizar o teu perfil, detectar os erros máis habituais, transmitir confianza aos teus potenciais clientes e establecer conexións de forma natural, sen recorrer á venda agresiva.

 

Ademais, coñecerás como deseñar unha estratexia de contidos adaptada ao teu negocio e sacar partido ao funcionamento do algoritmo para gañar alcance e relevancia.

 

Un obradoiro online, práctico e pensado para que poidas aplicar os coñecementos desde o primeiro día.

 

Inscríbete e empeza a facer de LinkedIn un aliado para o crecemento do teu negocio.

 

Programa: 

11:00 h - Benvida e presentación.

11:10 h - Primeira aproximación á Linkedin: como evitar erros comúns, e coñecemento de ferramentas que xeran confianza no público.

11:30 h - Como identificar potenciais clientes e técnicas de crear relacións sen ser invasivo.

12:00 h - Obradoiro práctico: Aprender rutinas para unha conversión real. Creación dunha estratexia de contido e algoritmos

12:50 h - Peche e resolución de dúbidas.


Online

Voltar