LinkedIn, o escaparate clave da túa carreira profesional

Dende 18 de xuño, 2026 - Ata 18 de xuño, 2026

Categorías: Outra

 

Rede Eusumo organiza a formación en liña "LinkedIn, o escaparate clave da túa carreira profesional"

 

Datas: do 18 de xuño ao 02 de xullo de 2026

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

 

Obxectivo: Axudar ás persoas emprendedoras de economía social a usar LinkedIn de forma estratéxica para gañar visibilidade, crear rede de contactos e xerar oportunidades reais, construíndo un perfil profesional sólido e aliñado cos seus valores.

 

Público obxectivo: Persoas emprendedoras e profesionais que precisan dar visibilidade aos seus proxectos, ampliar a súa rede de contactos e acceder a novas oportunidades de colaboración, así como aquelas que queren protexer unha imaxe profesional sólida e coherente para mellorar as súas opcións laborais. Ademais do público en xeral.

 

Programa:

  • MÓDULO 1. Linkedin: A rede social profesional
  • MÓDULO 2. Crea a túa conta de LinkedIn
  • MÓDULO 3. Configura o teu perfil persoal
  • MÓDULO 4. Configura o teu perfil persoal
  • MÓDULO 5. Publicar contido en LinkedIn
  • MÓDULO 6. Plans de pago de LinkedIn
  • MÓDULO 7. A páxina de empresa
  • MÓDULO 8. Boas prácticas e erros comúns

 

As inscricións estarán abertas ata o 17 de xuño de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal


Outra

Voltar