Dende 26 de febreiro, 2026 - Ata 26 de febreiro, 2026
Aprende a potenciar o teu negocio en LinkedIn: aumenta a túa visibilidade, conecta con clientes e colaboradores e converte o teu proxecto en oportunidades reais!
Categorías: Formación
Modalidades: Online

Se eres unha persoa emprendedora, LinkedIn non é só unha rede social máis: é unha poderosa ferramenta para facer medrar o teu proxecto. Nesta sesión práctica, organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego Silleda, aprenderás a sacarlle o máximo partido, convertendo o teu perfil nun escaparate profesional que atraia contactos, clientes e oportunidades reais de negocio.
Descubrirás como LinkedIn pode:
Abrir portas a novos clientes e colaboradores grazas á visibilidade que ofrece á túa marca persoal
Fortalecer a túa credibilidade ao mostrar as túas habilidades, proxectos e logros de maneira clara
Xerar oportunidades de negocio ao interactuar de forma intelixente coas persoas adecuadas no momento adecuado
Crear unha rede de contactos estratéxica que apoie o crecemento do teu emprendemento
Difundir contidos que conecten co teu público e reflictan o valor único da túa marca
Non se trata só de estar en LinkedIn, senón de aproveitar todo o seu potencial para que o teu proxecto sexa visto, lembrado e demandado.
Programa
11:00 h - Recepción de asistentes e benvida
Presentación da formación e da poñente Dayana Santacreu
11:20 h - Formación LinkedIn con propósito
12:10 h - Q&A Preguntas e respostas
12:20 h - Peche da xornada
Dá o paso e transforma a túa presenza profesional nun motor de oportunidades!
![]()