Dende 14 de maio, 2026 - Ata 14 de maio, 2026
Un encontro para inspirar, conectar e impulsar o liderado feminino no rural, compartindo experiencias reais e creando novas oportunidades.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 14 de maio I 16:00 - 18:00 h
📍 Concello da Arnoia. R/ Outeiro Cruz, 14, A Arnoia, Ourense
Hai espazos que nacen para dar voz, visibilidade e forza ás historias que están a transformar o rural. Esta xornada no Carballiño é un deses lugares: un punto de encontro onde as ideas medran, as experiencias inspiran e as conexións abren novos camiños.
Comezaremos a xornada descubrindo todo o que o Polo de emprendemento pode facer por ti: recursos, apoio e oportunidades pensadas para impulsar o teu proxecto no rural. A continuación, coñeceremos de preto o programa Medrando Xuntas, da man das súas protagonistas, que compartirán unha visión inspiradora sobre o liderado feminino dentro da economía social.
E porque non hai mellor aprendizaxe que a experiencia real, viviremos unha mesa redonda con mulleres emprendedoras que xa están a marcar o camiño. Historias auténticas, retos superados e casos de éxito que servirán de inspiración e impulso para todas as asistentes.
E para pechar, unha dinámica pensada para conectar: para coñecerse, atopar puntos en común e construír relacións que poidan dar lugar a futuras colaboracións. Se cres no poder do liderado feminino e na forza do rural como lugar de oportunidade, esta xornada é para ti.
Programa
16:00 h - Recepción de asistentes en benvida.
16:05 h - Presentación dos servizos dos Polos de Emprendemento.
16:15 h - Presentación do Programa Medrando Xuntas
16:50 h - Mesa redonda: casos de éxito de mulleres emprendedoras
17:20 h - Networking con petiscos
17:55 h - Peche e despedida
![]()
ColaboradoresMedrando Xuntas