"Le e Emprende". Inspiración, aprendizaxe e acción.

Dende 07 de maio, 2026 - Ata 07 de maio, 2026

O Polo de O Barco, en colaboración con CERCI Sociedade Cooperativa Galega, organiza este obradoiro teórico-práctico deseñado para que as persoas emprendedoras traballen a xestión emocional e a planificación estatéxica desde unha base realista.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves, 7 de maio I 17:00 h - 19:00 h 

📍Salón de Actos da Casa Grande de Viloira. R/ Elena de Quiroga, 1, O Barco de Valdeorras, Ourense

 

Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Barco,  en colaboración con CERCI Sociedade Cooperativa Galega, impulsa esta actividade pensada para darche algo clave no teu camiño emprendedor: equilibrio entre o que sintes e o que planificas.

 

Anímate a participar neste obradoiro teórico-práctico no que poderás traballar a xestión emocional e a planificación estratéxica desde unha base realista. Porque emprender non vai só de ideas, senón de saber poñer os pés na terra, entender en que punto estás e tomar decisións con criterio e serenidade.

 

A través dunha metodoloxía dinámica e participativa, este espazo permitirache reflexionar sobre as túas expectativas, identificar que é viable e que non, e construír un camiño máis claro e sostible para o teu proxecto. Combinaranse dinámicas de relaxación, xogos e traballo en grupo para axudarche a aliñar emocións e obxectivos.

 

Co apoio do libro “Misión Emprender”, de Sergio Fernández e Raimon Samsó, darás forma ás túas ideas desde unha perspectiva práctica, aterrando o teu proxecto en accións concretas e realistas.

 

Que vas conseguir?

  • Entender e xestionar as túas emocións no proceso emprendedor
  • Definir obxectivos claros, realistas e medibles
  • Construír unha planificación estratéxica adaptada á túa realidade

 

O obxectivo é que avances con seguridade, coherencia e foco, convertendo as túas ideas en proxectos viables no rural.

Participa e empeza a construír o teu emprendemento con cabeza… e tamén con emoción.

 

Programa

17:00 h –  Recepción e benvida de participantes.

17:10 h –   Punto de calma. Exercicio guiado de respiración e relaxación para conectar co obradoiro.

17:15 h – Descodificando o Emprendemento. Xogo de busca de información oculta dentro das palabras "EXPECTATIVAS" e "OBXECTIVOS".

17:45 h – 18:30 Metodoloxía: "A Comparación" Explicación da metodoloxía.Traballo individual, posta en común e debate grupal.

18:30 h – 18:55 Rol-Play: Revisión de Aprendizaxes. Xogo de rol para poñer en práctica os conceptos aprendidos e afrontar retos realistas.

18:55 h – 19:00 Peche e Conclusións. Resumo final.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresCERCI Sociedade Cooperativa Galega

Voltar