Dende 24 de abril, 2026 - Ata 24 de abril, 2026
Encontro aberto con persoas emprendedoras do rural galego que comparten a súa experiencia e visión sobre o territorio. Inclúe mesa redonda, visita a unha adega e espazo de networking con degustación de produtos locais.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial

🗓️ Venres, 24 de abril I 11:30 h - 13:45 h
📍 Bodega Panchín. Negueira de Muñiz, n 30, Lugo
Un encontro aberto para descubrir, de primeira man, o potencial do rural galego como motor de oportunidades. A través dun formato de mesa redonda, persoas emprendedoras do territorio compartirán as súas experiencias, aprendizaxes e visión sobre como crear valor desde a contorna rural:
Falaremos de retos, oportunidades e do papel clave da colaboración e das redes locais para impulsar proxectos sostibles e con futuro, con especial foco na montaña lucense.
A xornada completarase cunha visita a Bodega Panchín, onde coñecerás o proceso de elaboración do viño, e cun espazo distendido para degustar produtos locais e conectar con outras persoas participantes.
Unha oportunidade para inspirarse, aprender e crear novas conexións no territorio.
Programa
![]()