Dende 16 de marzo, 2026 - Ata 16 de marzo, 2026
O Polo de Ferrol impulsa unha xornada distendida e dinámica pensada para conectar ás persoas beneficiarias, fomentar a colaboración e abrir a porta a novas oportunidades de negocio nun ambiente de apoio, inspiración e crecemento compartido
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Luns, 16 de marzo I 10:00 h - 12:30 h
📍 Sede do Polo de Ferrol. R/ María, 158, Ferrol
Imaxina unha xornada diferente. Distendida, dinámica, inspiradora. Un espazo onde as conversas flúen, as conexións xorden de maneira natural e cada encontro pode converterse no inicio dunha gran alianza. Un punto de encontro no que as persoas emprendedoras non só comparten proxectos, senón tamén visión, talento e ambición.
Esta xornada está deseñada para conectar, impulsar e facer medrar. Aquí, cada persoa emprendedora terá a oportunidade de:
Nun entorno de apoio e cooperación, fomentamos a creación de alianzas sólidas, a aprendizaxe compartida e o crecemento conxunto. Porque cando o talento se conecta, multiplícase. E cando as ideas se comparten, evolucionan.
Non é só unha xornada. É o punto de partida para novas oportunidades, novos socios e novos éxitos.
Conecta. Colabora. Medra.
Programa
10:00 h - Recepción de asistentes e benvida.
10:10 h - Explicación as persoas asistentes da dinámica que se traballará na xornada. Speed Networking con Propósito:
Cada un dos participantes terá 2 minutos para presentar o seu proxecto e compartir unha necesidade actual que permita activar o grupo e provocar a súa colaboración e participación.
A presentación de cada persoa emprendedora debe incluír 3 elementos:
1. Quen son e que fago.
2. Un aspecto único ou diferencial do seu proxecto
3. Unha necesidade ou reto actual no que agradecería axuda, ideas ou contactos.
10:20 h - 1a Parte do Speed Nerworking:
Cada un dos participantes fará unha presentación do seu proxecto ao resto para darse a coñecer e poder chegar a crear sinerxias entre eles.
11:20 h - Café networking
No café networking animarase as persoas emprendedoras a que despois de coñecer todos os proxectos, pensen en que tipo de colaboracións poderían saír deste encontro.
11:45 h - 2a Parte do Speed Nerworking:
Cada un dos participantes fará unha presentación do seu proxecto ao resto para darse a coñecer e poder chegar a crear sinerxias entre eles.
12:30 h - Conclusións e peche da xornada
![]()