Dende 21 de xaneiro, 2026 - Ata 21 de xaneiro, 2026
Encontro formativo e de networking para o sector lácteo. O Polo de Emprendemento xestionará en cada xornada un "Punto de Asesoramento e Remuda" para conectar a emprendedores, gandeiros e mozos interesados no relevo xeracional e nos apoios dispoñibles.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial
O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Coristanco participará activamente na primeira xornada do IV Foro Empresarial Lácteo, que se celebrará o vindeiro 21 de xaneiro e que estará centrada na análise interna das explotacións gandeiras como base para mellorar a súa viabilidade e eficiencia.
Durante a sesión abordaranse cuestións clave como a xestión económica e ambiental das granxas, o deseño da estratexia empresarial e a definición de obxectivos e protocolos de traballo. No marco desta xornada, o Polo dinamizará o Espazo aberto: Punto de Asesoramento e Remuda, un punto de encontro dirixido a gandeiros, emprendedores e persoas interesadas no relevo xeracional.
A través deste espazo, ofrecerase información personalizada sobre emprendemento, traspaso de negocios e liñas de apoio dispoñibles, reforzando o papel do Polo como axente de acompañamento para o sector lácteo e o desenvolvemento económico do rural.
![]()
ColaboradoresAbanca, Xunta de Galicia (Consellería do Medio Rural), Concello de Coristanco, Lactalis Iberia, Progando, Fundación Juana de Vega, Fundesar, Cooperativa Agraria Provincial, Asociación Terra e Leite.