Introdución práctica á Intelixencia Artificial (IA) para empresas

Dende 26 de novembro, 2025 - Ata 26 de novembro, 2025

Descobre o mundo da intelixencia artificial dun xeito fácil e divertido co Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín. Aprende a usar ferramentas útiles, ver exemplos reais e a prepararte para o futuro

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Mércores, 26 de novembro | 11:00 - 13:00 h

📍 En liña (enviarase ligazón ás persoas inscritas no formulario entre 48 e 24 horas antes do comezo) 

 

Non sabes moi ben que é iso da intelixencia artificial, pero todos falan dela? Pois chegou o momento de descubrilo! O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín organiza unha formación práctica e amena para entender que é a IA, como a usan as empresas e como podes sacarlle proveito. Verás ferramentas útiles, exemplos reais e aprenderás a usar as IA que están revolucionando o mundo.

 

🗓️ Programa da xornada

 

11:00 h:

  • Que é a IA e contexto actual
  • Que está a pasar nas empresas e no mundo coa IA. Casos de uso, aplicacións reais e cifras clave

 

11:20 h: 

  • Parte práctica: como utilizar as intelixencias artificiais LLMs
  • Ferramentas útiles:  lista das aplicacións con IA máis útiles e como se utilizan

 

12:20 h: 

  • Automatizacións dentro dun negocio: explicación de que proxectos e solucións nas empresas pode desenvolver un experto en IA
  • Boas prácticas

 

12:50 h: Dúbidas e preguntas

 

13:00 h: Despedida e agradecementos

 

 

Online

Voltar