Intelixencia Artificial para o Emprendemento

Dende 25 de marzo, 2026 - Ata 25 de marzo, 2026

Unha sesión práctica para descubrir como a Intelixencia Artificial pode axudar ás persoas emprendedoras no seu día a día

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 25 de marzo I 9:30 h - 13:30 h 

📍 Sede do Polo de Friol. R/ Deputación, 18, 1 andar, Friol 

 

Descobre como a Intelixencia Artificial pode impulsar o teu proxecto emprendedor. Nesta sesión, organizada polo Polo de Friol, achegarémonos aos conceptos básicos da IA dun xeito claro e práctico, mostrando como esta tecnoloxía xa está a transformar a forma de traballar e de crear oportunidades de negocio.

 

Exploraremos os principais usos da IA para persoas emprendedoras, aprendendo como aplicala no día a día da empresa para gañar tempo, mellorar a toma de decisións e aumentar a produtividade. Veremos exemplos reais do seu uso en diferentes áreas do negocio, desde a xestión administrativa, ata o ámbito comercial e o marketing, descubrindo ferramentas que poden axudarche a optimizar tarefas e a potenciar a túa marca.

 

Ademais, esta actividade será tamén unha oportunidade para coñecer de preto a Rede de Polos, un espazo de apoio pensado para acompañar ás persoas emprendedoras e a quen teña interese en iniciar o seu propio proxecto. Un punto de encontro para compartir ideas, recursos e novas oportunidades no camiño do emprendemento. 

 

Programa 

 

9.30h - Presentación do Polo de emprego e apoio ao emprego de Friol

  1. Introdución á Intelixencia Artificial: diferenza entre uso persoal e uso profesional.

  2. Ética e regulación no uso da IA.

  3. Fundamentos do prompting.

• Técnicas para obter mellores resultados ao interactuar con modelos de IA.
• Prompt Engineering: que é e como utilizalo.
• Creación, uso e personalización de modelos GPTs, Gems e Projects.

 

11:30. Descanso e café networking

 

  1. Xeración de contido multimedia con IA.

• Xeración de imaxes: técnicas para obter mellores resultados con IAs como ChatGPT imaxes, Nano Banana Pro ou Grok Imagine.
• Xeración de audio e vídeo: técnicas para obter mellores resultados con IAs como Flow, Kling, Hailuo ou Grok Imagine.

 

  1. Ferramentas de edición e xestión administrativa impulsadas por IA.

• Melloras en presentacións e material promocional: NotebookLM.
• Uso de NotebookLM para a optimización de tarefas administrativas.
• Automatizacións e axentes: exemplos de como funcionan ferramentas como n8n, Make e Manus.

 

  1. Preguntas e consideracións finais


Presencial

Voltar