Dende 06 de outubro, 2026 - Ata 06 de outubro, 2026
A IA pode axudarche a crear contido profesional para o teu negocio en moito menos tempo. Descubre como sacarlle partido nunha sesión práctica e pensada para o día a día.
Categorías: Formación
Modalidades: Online

🗓️ Martes, 6 de outubro I 15:00h - 17:00h
🖥️ En liña
E se puideses crear fotos, carteis, anuncios e presentacións para o teu negocio en cuestión de minutos?
A Intelixencia Artificial xa pode ser unha aliada no día a día de autónomos, pequenos negocios e proxectos emprendedores. E non, non necesitas saber deseño nin ser un experto en IA.
Nesta actividade organizada polo Polo de Vilanova de Arousa imos descubrir como utilizar estas ferramentas para crear contido gráfico de forma máis rápida, sinxela e adaptada á túa marca.
📸 Fotos profesionais sen sesión de fotos
📱 Contido para redes sociais
📢 Carteis e anuncios
💻 Presentacións e materiais comerciais
✨ Ideas e creatividades para comunicar mellor o teu negocio
Unha sesión práctica e moi orientada ao día a día, na que aprenderás a combinar a velocidade da IA co teu propio criterio e estilo.
A formación será impartida por Gabriel Oliveira, consultor de Automatización Empresarial e IA.
Se queres aforrar tempo, facer máis con menos e sacar máis partido á imaxe do teu negocio, esta formación é para ti.
Programa:
15:00h – Benvida a asistentes e presentación (e posible saúdo institucional)
15:10h – Espazo networking entre participantes
15:20h – Introdución á xeración de contido gráfico con IA
15:25h – Creación de fotos profesionais con IA
15:40h – Creación de carteis e anuncios con IA
15:55h – Introdución á IA para elaboración de material de seguimento e presentación
16:10h – Creación dun fluxo automático que xera persoais
16:25h – Creación de presentacións con IA
16:40h – Preguntas e respostas
16:45h – Resumo de puntos clave vistos
16:50h – Ofrecemento para Titorías Especializadas
16:55h – Enquisa de Valoración
17:00h – Fin da xornada formativa
![]()