Inteligencia artificial aplicada á creación de landing pages

Dende 11 de maio, 2026 - Ata 11 de maio, 2026

Aprende a atraer clientes e converter visitas en resultados usando intelixencia artificial, de forma fácil e práctica.

Categorías: Formación

 

🗓️ Luns, 11 de maio I 15:00 - 17:00 h 

🖥️ Online (Teams) 

 

O Polo de emprendemento e apoioa ao emprego de Vilanova de Arousa convídate a unha sesión formativa online na que descubrirás como usar a intelixencia artificial para mellorar a túa presenza dixital e aumentar resultados.

 

Aprenderás que é unha landing page, unha páxina web sinxela e directa creada cun único obxectivo: converter visitas en clientes ou contactos, eliminando distraccións e enfocándose nunha mensaxe clara que realmente funciona.

 

Ao longo da sesión verás como crear este tipo de páxinas de forma rápida, mesmo sen coñecementos técnicos, e como utilizalas para mellorar as túas campañas, atraer máis clientes e optimizar o teu tempo grazas á IA.

 

Se queres dar un paso adiante no teu negocio e aproveitar as ferramentas dixitais para vender máis, esta formación é para ti. Impartida por Gabriel Oliveira, esta é a túa oportunidade para aprender, aplicar e medrar.

 

Inscríbete agora e empeza a converter visitas en resultados reais.

 

Programa 

15:00 h – Benvida a asistentes e presentación (e posible saúdo institucional)

15:10 h – Desenvolvemento da Formación

16:10h – Pausa corta activa

16:15h – Resolución de dúbidas

16:30h – Resumo de puntos clave vistos

16:40h – Plan de Acción individual

16:50h – Ofrecemento para Titorías Especializadas

16:55h – Enquisa de Valoración

17:00h – Fin da xornada formativa

 

Formación

Voltar