Dende 03 de xuño, 2026 - Ata 03 de xuño, 2026
Aprende a dar os teus primeiros pasos no e-commerce e descubre como empezar a vender online dun xeito sinxelo, práctico e adaptado ao teu negocio, sen necesidade de coñecementos previos.
Categorías: Formación
Modalidades: Online

🗓️ Mércores, 3 de xuño I 15:00 h - 17:00 h
🖥️ En liña
Queres empezar a vender online pero non sabes por onde comezar?
Vender por internet non é só cousa de grandes empresas nin algo complicado. Hoxe existen ferramentas sinxelas que permiten dar os primeiros pasos no comercio electrónico dun xeito accesible, práctico e adaptado a cada proxecto.
Nesta sesión organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova de Arousa e impartida por Fabiana Altamirano
Especialista en E-commerce e negocio dixital, descubrirás como iniciar a túa venda online desde cero: que vender, a quen, por onde empezar e como xerar confianza nos teus clientes.
Aprenderás a diferenciar entre ter presenza dixital e vender de verdade, coñecerás opcións como redes sociais, WhatsApp ou marketplaces, e verás un exemplo práctico dunha tenda online para entender todo o proceso paso a paso.
Unha formación pensada para que perdas o medo ao e-commerce e saias cun plan claro para poñer en marcha o teu negocio online.
Se tes unha idea, un produto ou un pequeno negocio, esta pode ser a túa oportunidade para comezar a vender en internet de forma realista e sen complicacións.
Programa:
15:00 h - Benvida a asistentes e presentación da sesión
Presentación da formación, obxectivos e enfoque práctico da xornada.
15:10 h - Que significa vender online hoxe
Introdución ao e-commerce desde unha visión sinxela e aplicada. Diferenza entre ter presenza dixital e vender online. Elementos básicos dunha venda por internet: produto ou servizo, cliente, canle, pagamento, entrega, confianza e atención.
15:25 h - Antes de crear unha tenda: produto, cliente e proposta de valor
Traballo inicial sobre que vender, a quen dirixirse, que necesidade cobre a oferta e que información necesita o cliente antes de comprar. Identificación das dúbidas que poden frear unha venda online.
15:45 h - Alternativas para empezar a vender online
Revisión práctica das diferentes opcións dispoñibles segundo o tipo de negocio e o momento do proxecto: redes sociais e WhatsApp, marketplaces, web catálogo, venda de servizos ou reservas, e tenda online propia.
16:05 h - Que preparar antes de lanzar unha tenda online
Identificación dos elementos necesarios para empezar: ficha de produto ou servizo, prezos, fotografías, descricións, stock ou dispoñibilidade, formas de pagamento, envíos, prazos, atención ao cliente e condicións básicas de venda.
16:25 h - Pausa curta activa
Exercicio breve para que cada participante identifique un produto ou servizo inicial, valore por que canle podería comezar e detecte que elementos necesita preparar primeiro.
16:35 h - Exemplo práctico de estrutura dunha tenda online
Demostración introdutoria de como se organiza unha tenda dixital, tomando Shopify como exemplo práctico: creación dun produto, organización de categorías, páxinas básicas, carrito e experiencia de compra do cliente.
Confianza, erros habituais e primeiros pasos
Claves para xerar confianza na venda online, erros frecuentes ao comezar e definición dunha primeira folla de ruta para aplicar ao propio proxecto.
16:55 h - Titorías especializadas, enquisa de valoración e peche da sesión
Presentación do acompañamento dispoñible desde o Polo, realización da enquisa de valoración e peche da formación.
![]()