Dende 14 de maio, 2026 - Ata 14 de maio, 2026
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 14 de maio I 10:00 h - 14:00h
📍Casa da Cultura de Verín. R/ Irmáns la Salle, Verín, Ourense
Chega a Verín unha xornada única pensada para persoas con inquietudes, ideas ou ganas de dar un paso máis no mundo do emprendemento. Un encontro vivo, diverso e cheo de enerxía onde se porá en valor o talento local, a innovación e o compromiso co territorio.
Que vas atopar?
Un espazo onde diferentes perfís emprendedores compartirán experiencias reais: iniciativas creativas, negocios consolidados, proxectos que regresan ao rural e exemplos de colaboración que funcionan. Un reflexo do dinamismo dunha comarca que non deixa de avanzar.
Ademais, contarás coa visión de entidades que traballan día a día para impulsar a igualdade e fortalecer o liderado feminino, abrindo camiños e xerando oportunidades para todas as persoas.
E para rematar... un momento clave:
Un espazo de encontro libre para conectar, compartir ideas e crear novas alianzas. Porque as mellores oportunidades nacen das conversas.
Se tes unha idea, un proxecto ou simplemente curiosidade… este é o teu sitio.
Apúntate e forma parte dun movemento que medra desde a diversidade, a colaboración e o orgullo polo local.
Programa
10:00 h - Chegada á Casa da Cultura de Verín.
Presentación da xornada por parte dos representantes do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Verín e AEVER (Asociación de Empresarios/as de Verín)
10:15 h - Inicio da primeira parte.
Desenvolvemento da Mesa de Casos de Emprendemento:
12:30 h - Inicio da segunda parte. Intervención de programas e entidades de igualdade e liderado feminino.
12:40 h - Presentación e intervención de Medrando Xuntas
13:10 h - Presentación e intervención de FEMURO
13:25 h - Presentación e intervención de CDR Portas Abertas
13:40 h - Espazo micronetworking e peche
14:00 h - Agradecementos e aperitivos
![]()