Impulsando novas vías no comercio local

Dende 26 de maio, 2026 - Ata 26 de maio, 2026

Descubre novas oportunidades para facer medrar o teu comercio nesta sesión práctica na que coñecerás de primeira man o funcionamento do Polo de Monforte e as axudas do Bono Remuda, pensadas para impulsar, modernizar e dar continuidade aos negocios locais.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Martes, 26 de maio I 20:15 h - 22:00 h 

📍 Centro do viño. R/ do Comercio, n6, Monforte de Lemos 

 

O comercio local está cheo de oportunidades para quen queira dar un paso adiante, adaptarse aos novos tempos e facer medrar o seu proxecto con apoio e orientación axeitada. Esta sesión está pensada para ti, tanto se xa tes un negocio como se estás a valorar emprender, e queres coñecer recursos reais que che axuden a avanzar con máis confianza.

 

Descubrirás de forma clara e práctica como funciona o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte de Lemos e todo o que pode ofrecerche: apoio personalizado para definir e mellorar o teu proxecto, acompañamento na toma de decisións e ferramentas para modernizar e fortalecer o teu negocio no día a día. Ademais, coñecerás as axudas do Bono Remuda, unha oportunidade clave para facilitar o traspaso de comercios en funcionamento, garantindo que negocios con historia e potencial poidan seguir adiante e non pechen as súas portas.

 

Se queres facer medrar o teu comercio, darlle máis forza ou mesmo dar nova vida a un negocio xa existente, esta é a túa oportunidade.

 

Apúntate e descubre como transformar o teu comercio e facelo máis forte, competitivo e preparado para o futuro.

 

Programa 

20:15 h - Recepción de asistentes e benvida. 

20:25 h - Presentación do Polo de emprendemento de Monforte
Servizos, liñas de apoio e papel do Polo de emprendemento

21:00 h - Bono Remuda: en que consiste a axuda, persoas beneficiarias, requisitos básicos, procedemento de solicitude.

21:30 h - Quenda de preguntas e debate: Resolución de dúbidas e intercambio de experiencias e ideas.

21:45 h - Petiscos- Networking


Presencial

Información adicional

ColaboradoresCentro Comercial Urbano de Monforte

Voltar