Impulsa Project 2025: feira de emprendemento

Dende 30 de outubro, 2025 - Ata 31 de outubro, 2025

Impulsa Project 2025: unha cita coa creatividade e o emprendemento no Coruña The Style Outlets, o 30 e 31 de outubro

Categorías: Outra

Modalidades: Presencial

 

🗓️ 30 e 31 de outubro de 2025 | 20:30 - 22:30 h

📍 Coruña The Style Outlets, Av. Alvedro, 5, 15189 Culleredo, A Coruña

🕛 10:00 h a 21:00 horas

 

A creatividade galega toma forma, cor e ilusión no Impulsa Project 2025, a feira de emprendemento que converterá o Coruña The Style Outlets (Culleredo) nun espazo cheo de ideas e novas oportunidades os días 30 e 31 de outubro. O evento, organizado pola Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego e Neinver, convida a descubrir proxectos que nacen da paixón, o talento e o compromiso co feito a man.

 

Durante dúas xornadas, de 10:00 a 21:00 horas, cinco iniciativas emprendedoras da Rede presentarán o seu traballo nun espazo con sete stands: cinco dedicados aos proxectos participantes e dous máis á Xunta de Galicia e ao propio centro comercial.

 

Os emprendementos participantes amosan a diversidade e a forza do novo tecido creativo galego:

  • Belitroque (Ángela Gandoy, Friol): mochilas e complementos únicos elaborados con roupa reutilizada.

  • Luzymoon Jewelry (Lucía Muñoz de Paz, Laxe): xoiería artesanal feita con resina e elementos naturais.

  • LIVENGI (Lidys Hernández, Santiago): velas e artigos decorativos personalizados de elaboración artesanal.

  • Bonicos Montessori (Carlos García Sotelo, Cabanas): tenda especializada en xoguetes educativos e materiais pedagóxicos.

  • Dalenda Jewels (Carmen Pardo Fernández, Lugo): xoias minimalistas elaboradas a man con arxila polimérica, resina e aceiro inoxidable.

 

Impulsa Project 2025 inclúe tamén un sorteo especial dun cheque regalo de 50 €, válido para mercar nas cinco marcas participantes. Para participar, só será preciso realizar unha compra nalgún dos stands durante a feira e visitar o resto de proxectos para coñecer as súas creacións. As persoas participantes poderán cubrir a súa papeleta e depositala na urna habilitada no espazo de exposición ata as 20:00 horas do día 31 de outubro, momento no que se realizará o sorteo en directo. Podes consultar as bases legais do sorteo nesta ligazón: /ckeditor_assets/attachments/1081/bases_legales_del_sorteo_2025_1.docx

 

Impulsa Project 2025 preséntase así como unha auténtica celebración do emprendemento galego: un punto de encontro para coñecer novas marcas, conectar con persoas creadoras e deixar que as boas ideas prendan como unha chispa de inspiración.

 


Presencial

Voltar