Dende 14 de outubro, 2026 - Ata 14 de outubro, 2026
A IA pode facer moito máis polo teu negocio do que imaxinas. Descúbreo nesta formación práctica organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño.
Categorías: Formación
Modalidades: Online

🗓️ Mércores, 14 de outubro I 16:00 h - 17:30 h
💻 En liña (enviarase ligazón 24 h antes do inicio da actividade)
E se a IA puidese axudarche en moito máis que crear contido para as redes sociais?. A intelixencia artificial xa forma parte do día a día de moitos negocios, pero aínda ten moito máis que ofrecer.
Nesta formación, organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño, descubrirás como utilizar a IA xerativa de forma práctica, segura e responsable para mellorar diferentes áreas do teu negocio: desde organizarte mellor e analizar a competencia ata mellorar as vendas e a atención á clientela.
Aprenderás que ferramentas existen, como funcionan e, sobre todo, como podes aplicalas a situacións reais do teu día a día.
A formación combinará explicacións sinxelas, demostracións e un exercicio práctico para que non te quedes só coa teoría. Tamén coñecerás algunhas claves básicas sobre privacidade, protección de datos e verificación da información.
Porque a cuestión xa non é se a IA pode axudarche, senón descubrir en que pode facelo e empezar a sacarlle partido.
Impartida por Francisco Baqueiro, experto en marketing dixital e consultor de Baqueiro Desarrollo Web.
Se tes un negocio e queres descubrir novas formas de traballar mellor coa IA, esta formación é para ti.
Programa:
16:00 h - Introdución e expectativas. Presentación do curso.
16:05 h - Que é de verdade a IA xenerativa
Que fai ben, que fai mal e por que ás veces se inventa as cousas. Repaso das principais ferramentas (ChatGPT, Claude, Gemini, Copilot) e cal convén para cada tarefa.
16:25 h - Como formular boas instrucións
Contexto, obxectivo, rol e formato.
- Exemplos de peticións eficaces.
16:45 h - Aplicacións prácticas non negocio
Exemplos prácticos en investigación de mercado, creación e mellora de produtos e servizos, vendas e atención ao cliente, xestión do día a día e análise de números.
17:10 h - Uso seguro e responsable
Protección de datos, que información non compartir nunca, dereitos sobre o contido xerado e como revisar o que che devolve a IA antes de usalo
17:30 h - Peche da formación
- Dúbidas finais.
![]()