Dende 12 de maio, 2026 - Ata 12 de maio, 2026
O Polo de emprendemento de O Barco organiza una actividade formativa e taller de traballo sobre o Elevator Pitch a desenvolver como parte da formación integral do alumnado participante no Ciclo Medio Electromecánica de vehículos.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
Trátase dun taller sobre o Elevator Pitch orientado a estudantes de Ciclos Medios e Superiores do IES Lauro Olmo, no que se traballa a habilidade de presentar de forma breve, clara e persuasiva unha idea, proxecto ou valor profesional en menos dun minuto. Os alumnos reciben orientación sobre estrutura, linguaxe e voz, elaboran o seu propio pitch e practican en grupo, co fin de mellorar a súa confianza e capacidade de comunicación en contextos académicos e profesionais.
O obxectivo é “Dotar ao alumnado de unha ferramenta de comunicación efectiva (Elevator Pitch) para presentar ideas e proxectos de forma breve e persuasiva dentro do seu ciclo formativo.”
![]()
ColaboradoresIES Lauro Olmo